
Nome Común: Acobreada púrpura
Nome Científico: Lycaena alciphron
Orden: Lepidópteros
Características: Voa desde fins de maio a agosto, nunha xeración ao ano. A posta de ovos faise dun nun, no envés das follas ou nos talos. A eiruga é verde con franxas amareladas e punteado branco moi fino. Os machos caracterízanse polo brillo púrpura da cara superior das súas ás. A femia é maior, co anverso de ton amarelado e puntos negros máis grandes e co reverso máis colorido.
Hábitat: Prefire zonas húmidas, preto de regatos herbeiros.