centros de recuperación de fauna
Os Centros de Recuperación de Fauna teñen como finalidade o coidado e a recuperación dos exemplares da fauna silvestre autóctona que non estean en condicións de subsistir por si mesmos no medio natural, e o seu principal obxectivo é reintegralos ao mesmo ou, se isto non é posible, a súa integración en programas de conservación ex situ (son as actuacións para a conservación de especies e poboacións que se desenvolven fóra do seu ambiente natural) ou de educación ambiental.
Que debemos facer se atopamos un animal silvestre enfermo ou ferido ?
Un animal silvestre ferido, enfermo necesita da atención e dos coidados que se lle poden proporcionar nos Centros de Recuperación de Fauna para poder ser reintegrado de novo no medio natural.
No caso de atopar un animal neste estado o primeiro que se deberá facer é observar se efectivamente trátase dun animal silvestre e se realmente necesita axuda. A continuación, dar aviso inmediatamente a calquera dos seguintes centros ou servizos de asistencia para que sexa trasladado ao Centro de Recuperación de Fauna correspondente:
Que ocorre cando un animal ingresa nun Centro de Recuperación de Fauna ?
ADMISIÓN e TOMA DE DATOS
Leva a cabo un rexistro de entrada no que se anotan as causas aparentes de ingreso previas ao diagnóstico clínico, os datos da súa orixe proporcionados pola persoa que o atopou, o tempo transcorrido entre o aviso e a recepción do animal, así como outros que poidan ser relevantes para o seu tratamento e recuperación. A recollida adecuada desta información permite a elaboración de estatísticas de datos tales como especies con máis incidencias, puntos conflitivos, zonas con maior número de sucesos etc., que facilitarán o establecemento das oportunas medidas correctoras
DIagnose e VALORACIÓN CLÍNICA
O veterinario do centro realizará a primeira valoración clínica do animal e aplicará as medidas necesarias para a súa estabilización, tales como corrixir a deshidratación e hipotermia frecuente nos animais silvestres feridos. Posteriormente, realizará as probas complementarias que poidan ser necesarias para unha diagnose completa como radiografías e análises, entre outras
tratamento e hospitalización
Unha vez estabilizado o animal e realizado o diagnóstico, aplícanse os tratamentos necesarios encamiñados á cura e recuperación do animal. O animal permanecerá aloxado na sala de hospitalización do centro durante o período de tratamento e ata que estea o suficientemente recuperado como para ser trasladado a unha instalación exterior
fase de rehabilitación
Unha vez reposto o animal precisará dunha fase de rehabilitación previa á liberación ou solta, co fin de que recupere totalmente a súa actividade e póidase desenvolver novamente no medio natural. Para iso, e dependendo dos requirimentos vitais das diferentes especies, estas serán aloxadas temporalmente en parques e cámaras de voo, piscinas e outras instalacións exteriores naturalizadas
LIBERACIÓN
Por fin chegará o día en que o animal pode ser devolto ao seu hábitat natural. A liberación realizarase preferentemente no lugar e zona dos que proviña, a non ser que o criterio técnico aconselle outra opción. Aqueles animais que polas lesións orixinais non puidesen ser recuperados completamente para volver á natureza pero que poidan gozar dunha vida adecuada en catividade quedarán no centro ata que poidan ser cedidos a algunha outra institución, tal como centros de cría en catividade, parques zoolóxicos etc.