facedores de nubes

Aeroplancto, facedores de nubes

Un aspecto destacable sobre todo é a aptitude do aeroplancto de intervir na formación das nubes e de cristais de xeo, que poden precipitarse como sarabia ou neve, debido á súa capacidade de condensación, proveniente do vapor de auga ou das microgotas de auga suspendidas nos aerosois (pole de plantas, bacterias fitopatóxenas) ou os biosurfactantes, (moléculas orgánicas que reducen a tensión superficial da auga), que son producidas, entre outras, por bacterias pseudomonas moi comúns na atmosfera.

O papel do aeroplancto na choiva aínda está en discusión, pero sospéitase con todo que inflúe de forma importante na formación dos cristais de xeo das nubes. Existen bacterias que poden permanecer metabolicamente activas grazas ao vapor de auga das nubes, actuando como núcleos de condensación que, á súa vez, contribúen á formación de precipitacións. As moléculas da auga ordénanse dunha forma concreta (despois de todo o xeo é unha estrutura cristalina), para dar lugar á súa estrutura típica, embrión a partir do cal a auga se deposita, e o cristal de xeo medra.

Entre as moléculas capaces de formar o embrión de xeo atópanse as proteínas membranosas de numerosas bacterias tipo Erwinia herbicola, Erwinia anana, Pseudomonas fluorescentes e Pseudomonas syringae, esta última identificouse como compoñente habitual do aeroplancto.

Nubes na atmósfera terrestre

Pero, como se secuestra unha nube?. Para levar a cabo os estudos aos que nos acabamos de referir, utilízanse os colectores espaciais; unha especie de aspiradoras que absorben o aire (nube incluída) e o proxectan a gran velocidade contra un medio adecuado, en que as partículas presentes na toma quedan fixadas. Despois o aire é devolto á atmosfera. Se o medio que atrapa as partículas presentes no gas é un medio de cultivo, con sorte promoverá o crecemento e multiplicación dos microbios presentes no aire. Fonte:  https://cnho.wordpress.com/2009/10/20/aeroplancton-viviendo-en-las-nubes/#more-3241

Bacterias  baixo o microscopio
Scroll ao inicio
Logo Fauna Aérea de Santiago
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecercge a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.