aplicacións para o recoñecemento da fauna aérea

Si eres unha persoa inexperta na observación da fauna aérea non te angusties. Ofrecémosche algunhas ferramentas sinxelas coas que poderás iniciarte neste mundo cativador que tantos beneficios achega; poderás observar a fauna aérea case en calquera lugar e verás como, aos poucos, aprenderás e descubrirás que hai moito máis do que imaxinas. A medida que practicas a observación, os teus sentidos, sobre todo, vista e oído, iranse afinando e pronto notarás como avanzas. Recomendámosche as seguintes aplicacións para recoñecer os cantos das aves:

BirdNET Aplicación para a identificación dos cantos das aves. O seu uso é moi sinxelo: empezas a gravar, unha pantalla indica o que se rexistra, o seguinte paso é seleccionar o rango que corresponde ós trinos da ave que queres identificar, a aplicación amosa a opción de “identificar” e, dependendo da calidade da gravación, dará diferentes resultados como “seguro”, “probable”, “moi probable” ou “non se recoñece”. Outra ventaxa é cos rangos seleccionados quedan gravados ca ubicación, constituindo unha especie de rexistro, polo que podes volver a escoitalos para recoñecer os cantos e as especies. Cando usas esta app tamén contribúes ó desenrolo da ciencia cidadá porque podes enviar as gravacións as súas bases de datos e servirán para realizar estudos científicos a nivel mundial Descarga a aplicación para Android Descarga a aplicación na Apple Store
Merlin Ademais dos cantos permite identificar as aves mediante fotos, mapas rexionais ou respostando a preguntas sobre a observación. Cando usas Merlin contribúes ó desenrolo da ciencia cidadá porque podes enviar as gravacións a súas bases de datos e servirán para realizar estudos científicos a nivel mundial Descarga a aplicación para Android Descarga a aplicación na Apple Store
Aves de España Aplicación de SeoBirdLife. Moi completa, comeza cun buscador de aves. Seleccionada unha, ofrece un menú con información da especie (inclúe gravacións de cantos, nomes en español, galego, éuscaro e catalán), se é residente ou non, meses nos que se pode ver, a súa distribución en España, como viven, ameazas que enfrontan e que outras especies son similares. Está moi ben ilustrada con fotografías, debuxos e vídeos Descarga a aplicación para Android Descarga a aplicación na Apple Store
PictureBird-Bird Identifier Esta aplicación permite a identificación de aves a través de fotos ou de gravacións do seu canto Descarga a aplicación para Android Descarga a aplicación na Apple Store
iNaturalist Sitio web para profesionais que funciona como unha rede social de observación da natureza. Permite rexistrar e identificar mediante imaxes calquera tipo de ser vivo (animais, plantas) podendo consultar facilmente as especies autóctonas dunha zona Descarga a aplicación para Android Descarga a aplicación na Apple Store
Seek Sitio web para persoas afecionadas que funciona como unha rede social de observación da natureza. Permite rexistrar e identificar mediante imaxes calquera tipo de ser vivo (animais, plantas) podendo consultar facilmente as especies autóctonas dunha zona Descarga a aplicación para Android Descarga a aplicación na Apple Store
Picture Insect Aplicación para móbiles de gran precisión para identificar insectos mediante imaxe Descarga a aplicación para Android Descarga a aplicación na Apple Store
Echo Meter Touch Bat Detector Con esta aplicación e o uso duns módulos enchufables Echo Meter Touch, é posible gravar, escoitar e identificar morcegos Descarga a aplicación para Android Descarga a aplicación na Apple Store
Scroll ao inicio
Logo Fauna Aérea de Santiago
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecercge a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.