asociacións de fauna aérea

Morcegos de GaliciaA Asociación Drosera traballa para o estudo e conservación dos morcegos de Galicia. Esta asociación ten na súa web, entre outras cousas, un Atlas de Morcegos de Galicia onde se expón información fiable e actualizada sobre a distribución dos morcegos na comunidade galega. Outra iniciativa son os Acordos de Custodia, un pacto de boa vontade entre o propietario e Morcegos de Galicia polo que ambos se comprometen a colaborar na conservación dun determinado refuxio de morcegos.
Sociedade Española de Ornitoloxía (SEOBirdLife)Pioneira na creación das Áreas Importantes para a Conservación das Aves e a Biodiversidade (IBA) hai máis de 30 anos. Os espazos que se declaran IBA son identificados mediante criterios acordados por investigadores e expertos e, aínda que non se trata dunha figura de protección oficial, téñense a miúdo en conta tanto en sentenzas xudiciais como por parte das administracións á hora de designar novos espazos protexidos.
Grupo Local SEO PontevedraOrganiza actividades de anelamento científico de aves, avistamentos ou limpeza de zonas naturais logo de inscrición.
Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO)Asociación dedicada exclusivamente ás aves en Galicia, á súa observación, estudo e conservación delas e dos seus hábitats. Publica un Anuario das aves de Galicia e é a responsable de celebrar, desde 1989, cada tres anos, o Congreso Galego de Ornitoloxía.
Museo de Historia Natural (MHN)O Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela centra o seu futuro na divulgación científica, dando resposta ás obrigacións que ten a universidade co público.
Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural (AMHN)Organiza visitas guiadas para ver as súas colecciones permanentes, visitas guiadas-recreativas de temáticas varias, tanto para membros da asociación como para público en xeral.
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)Asociación independente e científica dedicada ao estudo, divulgación, conservación e defensa do medio natural.
Grupo Naturalista HábitatEntidade sen ánimo de lucro e politicamente independente, é unha das asociacións conservacionistas máis importantes de Galicia. Desde a súa fundación realiza diversos estudos sobre o medio natural galego, xunto con numerosas campañas de divulgación do patrimonio natural, e contribúe a xerar na sociedade galega unha corrente de preocupación polo medio natural.
Libeliñas. Odonatos de GaliciaBlog especializado en libélulas e cabalos do demo de Galicia.
Biodiversidade, Bioxeografía e Conservación Integrativa (BiBiCI)Cataloga e cuantifica a diversidade biolóxica, co obxectivo fundamental de comprender as causas da súa variación a diferentes escalas espaciais, temporais e evolutivas. Os seus principais grupos de estudo son os insectos, os moluscos terrestres e as diatomeas.
Arquivos Entomolóxicos Galegos (AEGA)Asociación derivada da xa extinta Asociación Entomolóxica Galega, creada para continuar facendo públicos estudos de todo tipo encamiñados a un mellor coñecemento da fauna entomolóxica galega. Permite o acceso e descarga de 27 números da Revista Galega de Entomoloxía.
Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT)Facilita as iniciativas voluntarias de conservación da natureza, a paisaxe e o patrimonio cultural en leiras privadas e públicas, e nas que os principais protagonistas serán, por unha banda, unha persoa propietaria e, por outro, unha entidade de custodia que a asesora para levar a cabo unha xestión da súa leira orientada á conservación dos seus valores e recursos.
Scroll ao inicio
Logo Fauna Aérea de Santiago
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecercge a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.