cambio climático e contaminación

cambio climático

Aves sobrevoando unha praia

O aumento das temperaturas globais e os cambios nos patróns de precipitación, están a alterar os ecosistemas, provocando a perda de hábitat e desprazando os rangos de distribución de moitas especies de aves, insectos e morcegos.

As aves migratorias dependen de sinais ambientais para sincronizar os seus movementos estacionais, polo que o cambio climático implica unha desincronización cos seus recursos, para afectar á súa capacidade de reprodución e supervivencia. Ademais, tamén se ven afectadas polo aumento do nivel do mar, que provoca a perda dos seus hábitats.

Mazaricos camiñando nun chan ermo, símbolo do cambio climático

Os incendios e as secas, cada vez máis frecuentes e intensas, destrúen zonas chave para a fauna aérea, causan a perda directa de especies, e fragmentan e illan as súas poboacións. O aumento das choivas torrenciais provoca inundacións e esvaradías de terra que destrúen niños e áreas de reprodución, e afectan tamén a moitas especies de insectos.

As altas temperaturas aumentan a concentración de contaminantes atmosféricos, como o ozono troposférico inflúe tamén na saúde da fauna aérea, especialmente aquela con sistemas respiratorios sensibles.
En Galicia a contaminación do aire por ozono ten repuntado nos últimos anos debido ao aumento das temperaturas medias.

contaminación ambiental

O uso de praguicidas químicos (fitosanitarios) provoca o desprazamento das aves desas zonas, coa consecuente degradación do ecosistema, xa que reduce a dispoñibilidade de hábitats e de alimentos, especialmente durante a cría.

Avioneta fumigando

O uso de agrotóxicos representa un grave perigo para a cadea trófica, que compromete a calidade ambiental e a diversidade biolóxica, sobre todo dos insectos, principais afectados. Ademais, a contaminación da auga con produtos químicos (pesticidas e fertilizantes), envelena as aves e os insectos acuáticos.

Fábrica expulsando gases e vapor de auga

Os contaminantes químicos e residuos plásticos afectan directamente ás aves e os insectos, debilitan a súa saúde e reducen a súa capacidade de reprodución e supervivencia. E os contaminantes atmosféricos, como o óxido de nitróxeno e outros compostos orgánicos volátiles, danan as vías respiratorias e afectan ó sistema inmunolóxico das aves, morcegos e insectos.

Porcos amoreados nunha granxa

As macrogranxas son outro vector daniño en canto á contaminación das augas, non só afectando á fauna aérea, senón mesmo á poboación humana.

contaminación lumínica

Megacidade moderna superiluminada como mostra da contaminación lumínica
Scroll ao inicio
Logo Fauna Aérea de Santiago
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecercge a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.