glosario

ANATOMÍA TOPOGRÁFICA DOS INSECTOS

Abdome. Terceira parte do corpo dos insectos, desprovisto de patas no estado adulto. Poden ser globosos ou alongados; con cercos ou sen eles; con ou sen ovipositor.
Aguillón. Ovipositor transformado nun órgano de ataque e defensivo en himenópteros.
Ás dianteiras. Par de ás que se sitúan sobre as traseiras. Poden usarse para voar, producir sons ou como protección das ás traseiras e o abdome. Hainas de distintos tipos: membranosas, élitros (engrosadas, coriáceas ou duras en forma de vaina, típica dos coleópteros), hemiélitros (engrosadas na súa base, típica das chinches), con escamas e tégminas (angostas de consistencia apergamiñada, típicas de lagostas, grilos ou cascudas).
Ás traseiras. Par de ás que se sitúan pegadas ao corpo dos insectos por baixo das dianteiras. Nalgúns casos modifícanse e reducen en estruturas moi pequenas en forma de remo chamadas balancíns ou halterios.
Antenas. Apéndices multisegmentados situados na cabeza. Son órganos sensores dos insectos, principalmente táctiles, pero tamén poden desempeñar funcións olfactivas, auditivas e mesmo prensoras usándoas o macho para suxeitar a femia durante a cópula. Poden ter distintas formas: filiformes (en forma de fío), arestada (de forma compacta cun pelo no último segmento, antena típica da mosca), lamelada (con forma aplanada nos extremos, algúns escaravellos téñenas deste tipo), xeniculada (similar á articulación do cóbado, é común en formigas e abellas) e plumosa (con forma de pluma, moscas, mosquitos e avelaíñas poden tela desta forma).

Anatomía dunha abella glosario

Aparello bucal. Está formado por un conxunto de pezas bucais que inclúen beizos, mandíbulas e maxilas. Pode ser: mastigador, picador ou chupador en trompa ou en espiritrompa (enrolada).
Cabeza. Primeira parte do corpo dos insectos.
Ocelo. Órgano visual. Ollo simple.
Ollo. Órgano visual constituído por numerosas facetas ou omatidios (células fotorreceptoras).
Ovopositor, ovipositor ou oviscapto. É un órgano usado polas femias de moitos insectos para depositar ovos.
Patas. Apéndices locomotores destinados a distintas funcións ademais de camiñar. Existen distintos tipos: recolectoras, corredoras ou marchadoras, escavadoras, saltadoras, prensoras, nadadoras e raptoras.
Tórax. Segunda parte do corpo dos insectos, portadora dos apéndices locomotores.

Ligazóns a glosarios máis amplos:
https://web.bioucm.es/cont/eaa/glosario.php

Anatomía dunha abella carpinteira
Anatomía dunha bolboreta
Anatomía dunha cascuda
Anatomía dun escaravello acuático
Anatomía dun garapito
Anatomía dun alacrán ceboleiro
Anatomía dunha barbantesa
Anatomía dunha mosca negra
Anatomía dunha procesionaria
Anatomía dun saltón
Anatomía dunha vacaloura
Scroll ao inicio
Logo Fauna Aérea de Santiago
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecercge a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.