ciencia cidadá
| Morcegos de Galicia | No 2024 queren centrar o traballo de ciencia cidadá nas ribeiras fluviais, hábitats de gran importancia para os morcegos. A abundancia de alimento, as condicións climáticas e a habitual cobertura forestal fan destas zonas prioritarias de alimentación e establecemento de colonias de cría, así como rutas de desprazamento habitual. Para participar enviar correo a info@morcegosdegalicia.org. |
| SEO/BirdLife | Se gozas saíndo ao campo e paxarear, os teus avistamentos poden contribuír a xerar ciencia que axude á conservación das aves e dos seus hábitats. As investigacións xurdidas das contribucións de centos ou miles de voluntarios ten un nome: ciencia cidadá. Non é necesario ser un experto ornitólogo para comezar. Participa e colabora coa ciencia cidadá. |
| Recetamos Naturaleza | Proxecto con pacientes do Centro de Día da Unidade de Psiquiatría do Hospital Puerta de Hierro de Madrid, consistente no desenvolvemento de diferentes actividades en contacto directo coa natureza e avaliación dos efectos que teñan neles. A intención é expandir este proxecto a máis lugares. |
| Grupo Naturalista Hábitat | Dentro do esquema do Grupo Naturalista Hábitat, unha das seccións máis activas son os grupos de traballo, formados por colaboradores e voluntarios que realizan traballos de estudo de campo para proxectos específicos. Actualmente, están activos cinco grupos de traballo: anelamento de aves, rapaces nocturnas (proxecto Moucho), Píllara das dunas, Vacaloura e colaboradores do grupo. |
| Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) | Nesta ligazón anuncian actividades nas que poden participar as persoas interesadas. |
| Mosquito Alert | A información que envía a cidadanía coa app Mosquito Alert é chave para xerar un sistema de alerta participativo, que permita mellorar a xestión desta especie, e minimizar o risco de transmisión de enfermidades. En Mosquito Alert involucramos a cidadanía nun proxecto de investigación, considerando o impacto en políticas públicas, social e educacional para loitar contra os mosquitos transmisores de enfermidades. |
| Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) | Se queres participar na custodia do territorio, son moitas as cousas que se poden facer para conservar ou restaurar os valores naturais, incrementar a súa diversidade biolóxica ou favorecer o seu uso sostible. Se queres, podemos facelo xuntos. Contacta connosco. Asociación Galega de Custodia do Territorio custodiadoterritorio@gmail.com. |
| Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) | Proxecto de custodia de territorio, cunha estratexia que ten como obxectivo a conservación do patrimonio natural, cultural e paisaxístico dun territorio concreto. O cidadán pode participar voluntariamente mediante acordos verbais ou escritos, entre propietarios de leiras e entidades de custodia, que establecen un pacto para xestionar a parcela custodiada. |
| Fundación Fragas do Mandeo | Máis de cen persoas participan cada ano nas nosas xornadas de voluntariado: eliminan os eucaliptos nos montes que custodiamos, plantan árbores autóctonas, eliminan especies exóticas invasoras, recollen lixo e miran de favorecer en todo o posible a biodiversidade local. Se queres unirte a eles, ponte en contacto connosco e avisarémosche cada vez que programemos unha xornada de traballo. |
| Anelamento científico de SEO/BirdLife | Facilitar a visualización, a través de táboas, gráficas e mapas, da información dispoñible no banco de datos de anelamentos e recuperación de aves marcadas con argolas, de remite ICONA-Ministerio de Medio Ambiente. Tamén permite obter información de aves aneladas con outros remites e recuperadas en España, a través do envío de citas. |
| Abejas Silvestres | Asociación sen ánimo de lucro para conservar e protexer as máis de 1000 especies de abellas silvestres da Península Ibérica. |