glosario de las aves

ANATOMÍA TOPOGRÁFICA DAS AVES

Anatomía das aves
  • Risca ocular: perímetro do ollo formado pola unión das pálpebras superior e inferior.
  • Brida: rexión comprendida entre a base da mandíbula superior do peteiro e o ollo.
  • Cobertoiras: plumas que se distribúen por todo o corpo da ave.
  • Dedas: partes en que se dividen os pés dun ave.
  • Dorso (costas): rexión anatómica comprendida entre a parte posterior do pescozo e a mitra.
  • Fronte: parte superior da cara.
  • Garras: uñas que presentan as dedas das aves.
  • Infracobertoiras caudais: plumas que recobren por baixo a base da cola.
  • Risca superciliar (cella): franxa máis ou menos horizontal, longa, ancha e visible que se distribúe sobre o ollo.
  • Caluga: parte traseira do pescozo.
  • Mitra: zona do corpo comprendida entre as costas e a cola.
  • Patas: extremidades inferiores das aves. Distínguense distintos tipos: anisodáctilas, zigodáctilas, sindáctilas e pamprodáctilas.
  • Peito: zona bordeada polas ás encartadas e a base da garganta.
  • Peteiro: órgano bucal, formado polas maxilas e un revestimento córneo. Poden ser de distintos tipos segundo a alimentación da ave: granívoro, insectívoro, fruxívoro, filtrador, ave de presa (rapaces), de preada, piscívoro, nectarívoro, omnívoro ou xeralista e limícola.
  • Píleo: parte superior da cabeza comprendida entre a fronte e a caluga.
  • Remeiras primarias: plumas longas que parten das mans dunha ave.
  • Remeiras secundarias: plumas que parten do antebrazo.
  • Rectrices exteriores: plumas da cola.
  • Supracobertoiras caudais: plumas que recobren por encima a base doutras plumas máis grandes.
  • Tarso: parte longa e visible da perna dunha ave.
  • Ventre: parte dianteira do abdome.
  • Zona auricular: plumas que cobren o oído dunha ave.

Enlaces a glosarios más amplos:

https://www.avesdeburgos.com/aves/dicciona.htm

Lavanco real
Avefría europea
Picapeixe
Falcón peregrino
Gaivota patiamarela
Garza real
Colibrí
Pega
Paporrubio
Peto real
Cirrio ou Birrio común
Verderolo
Pelícano
Scroll ao inicio
Logo Fauna Aérea de Santiago
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecercge a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.