glosario dOS morcegos
Antebrazo: parte do brazo desde o cóbado ata o pulso.
Brazo: membro do corpo que comprende desde o ombreiro ata o cóbado.
Calcar ou esporón: nocello do morcego que lle serve para estender a membrana interfemoral.
Cola: extremidade posterior do corpo e da columna vertebral.
Extremidades inferiores: parte inferior das extremidades inferiores do corpo do morcego. A orientación das extremidades inferiores é única entre os mamíferos. A unión da cadeira está virada 90° proxectando as pernas de lado e os xeonllos case cara a atrás, debido a isto o andar é xeralmente torpe. Este deseño das extremidades inferiores dá apoio ao pataxio no voo e permítelles colgarse boca abaixo, posición en que pasan gran parte da súa vida.
Dedos ou falanxes: apéndices articulados e especialmente alongados que sosteñen o pataxio ou membrana alar. Os ósos dos dedos son moito máis flexibles que os doutros mamíferos, polo que permiten unha gran torsión sen romper.
Pataxio ou membrana alar: membrana dérmica moi fina e elástica que se une ao corpo e sostense polas falanxes do morcego. Esta membrana fai que as ás dos morcegos sexan moito máis delgadas que as das aves, o que lles permite manobrar de forma más rápida e precisa. Aínda que é máis delicada e ráchase con facilidade, pequenas rachaduras poden curarse con rapidez.

Fociño: parte máis ou menos saínte da cara, onde se atopan a boca e o nariz. É diferente segundo a alimentación do morcego.
Ollo: órgano funcional do morcego, de pequeno tamaño e adaptado á visión nocturna.
Orella: cartilaxe que forma a parte exterior do órgano do oído.
Polgar: o máis pequeno dos dedos dos morcegos. O polgar dos pés está dotado dunha uña que lles axuda a colgarse e rubir. A tracción que o seu peso exerce sobre os tendóns cando están colgados mantén as garras en posición de enganche, permitíndolles permanecer así mesmo cando dormen e non gastar enerxía.
Trago: membrana situada na orella do morcego que actúa como antena de ecolocalización.
Uropataxio: membrana dérmica situada entre as patas e que leva incluída total ou parcialmente a cola dos morcegos.