rutas e turismo responsable

Parque FluvialInformación sobre rutas fluviais polos ríos Sar, Sarela e Santa Lucía.
Parque ForestalPresentación de dúas rutas: Xiro Pequeno formado por oito etapas sinalizadas que transcorren polos miradoiros que rodean a cidade: monte do Viso, monte do Gozo, monte de Deus, Pedroso, monte de Vidán, monte de Conxo, Santas Mariñas e Gaiás; Xiro Grande ofrece nove etapas cun percorrido pola periferia do municipio atravesando as parroquias rurais de Santiago.
Parque AgrarioInformación detallada sobre as parroquias rurais que conservan tesouros ambientais, etnográficos, paisaxísticos e culturais.
Centro BBT de A SusanaRutas en bicicleta polas parroquias de Aríns, Bando ou Marrozos polas que discorre o río Santa Lucía (coñecido neste tramo como rego de Aríns) polo que é fácil facer sendeirismo. Tamén discorre un tramo do Camiño de Santiago que procede do centro da península e entra en Santiago polo barrio de Sar.
Centro de Interpretación de VillestroDifusión dos valores culturais e paisaxísticos da parroquia de Villestro, que esconde un valioso patrimonio rupestre. Ademais, podemos disfrutar do río Roxos que atravesa a parroquia formando un fermoso val e que no seu tramo final, antes de desembocar no Sar, atravesa unha zona de gran interese natural, O Pego.
Santiago TurismoOs parques e xardíns teñen a virtude de transformarse a si mesmos ao longo das estacións, modificando á súa vez a toda a cidade: coloreándoa no outono, espíndoa no inverno, iluminándoa na primavera, asombrándoa no verán, invadíndoa co cheiro da terra mollada, da herba recentemente cortada, das plantas que florecen, das aves, insectos e morcegos que a habitan e son, sen dúbida, os mellores salóns desde os que contemplar os atardeceres de Compostela e en calquera momento do día gozar da fauna aérea.
Compostela VerdeOs espazos verdes da cidade inclúen parques, xardíns, hortas, ríos e paisaxes, que se complementan coas zonas non urbanizadas das parroquias, que seguen conservando a súa estrutura rural. O Concello de Santiago xestiona preto de 3.000.000 metros cadrados de zonas verdes, incluíndo máis de 30.000 árbores, que unido ás administradas pola Xunta de Galicia (Bosque de Galicia, parque do Lago, xardín do Teatro, xardín Literario e parque do Monte do Gozo) e a Universidade de Santiago de Compostela (Campus Universitario Sur e Campus Universitario Norte) suman máis de 4.500.000 metros cadrados. A todo isto aínda hai que engadir montes (monte Pedroso e monte do Viso), contornas dos paseos fluviais do Sar e do Sarela e as Brañas de Sar, o que daría como resultado preto de 8.000.000 millóns de metros cadrados no municipio.
Turismo de Galicia (Xunta de Galicia)Onde ver, cando, mellores lugares… en Galicia. Con información para iniciarse na observación de aves.
Turismo Ornitolóxico e ResponsableSEO/BirdLife entende o turismo ornitolóxico como unha modalidade de ecoturismo que ten como motivación principal, pero non única, a observación e goce das aves e o coñecemento dos seus hábitats. Desde hai dúas décadas, esta organización vela para que a oferta turística sexa respectuosa coas especies e os ecosistemas, á vez que contribúe ao desenvolvemento local. A través da súa iniciativa Iberaves, desenvolve tarefas de sensibilización e educación en materia de turismo responsable, elaborando materiais formativos e educativos, realizando formación a profesionais e tarefas de asesoría e apoio a proxectos que apostan por un modelo de turismo sostible e en favor da conservación.
Scroll ao inicio
Logo Fauna Aérea de Santiago
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecercge a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.