clasificación dos insectos

clasificación dos insectos

Debido á enorme variedade dos insectos, clasificalos resulta todo un reto taxonómico, pois inclúen unha gran cantidade de ordes e familias. É por iso que nos centraremos nos tipos máis abundantes e coñecidos:

Odonatos (orde Odonata). Libélulas (infraorde Anisoptera) e os cabaliños do diaño (suborde Zygoptera)

Libélula odonato


Os odonatos posúen dous pares de ás membranosas e patas non locomotoras que lles serven para atrapar presas e agarrarse ao substrato, pero non para camiñar. Os seus ollos son compostos e aparecen separados nos cabaliños; en cambio, moi xuntos nas libélulas. Diferencialos é bastante fácil, xa que as libélulas teñen o abdome máis robusto e os cabaliños máis fino; os ollos tamén son diferentes, máis grandes e ocupando case toda a cabeza nas libélulas, e máis pequenos e situados a ambos os dous lados no cabaliño. A diferenza máis clara para saber se estamos ante unha ou outro é fixarnos na posición das ás en repouso: na libélula permanecen estendidas e perpendiculares ao corpo, mentres que nos cabaliños préganse de forma vertical sobre o corpo.

Lepidópteros (orde Lepidoptera). Bolboretas e avelaíñas

Polilla marrón lepidóptero


Os adultos aliméntanse de néctar e son polinizadores, mentres que as larvas (eirugas) son herbívoras. Entre as súas características destaca a súa complexa metamorfose, as ás membranosas cubertas de escamas e a súa espiritrompa. Esta é un aparello bucal chupador moi alongado que manteñen enrolado cando non se alimentan.
Tanto bolboretas como avelaíñas presentan deseños sofisticados e coloridos, tanto na súa fase larvaria como na súa etapa adulta.

Coleópteros (Orde Coleoptera). Xoaniñas, vagalumes, vacalouras

Vacaloura


Son o que comunmente chamamos escaravellos. As súas ás anteriores están completamente esclerotizadas e reciben o nome de élitros. Estes cobren e protexen ao segundo par de ás, que son membranosas e sérvenlles para voar. Ademais, os élitros son fundamentais para controlar o voo. Teñen tantas especies, entre 375.000 e 400.000, como as plantas vasculares ou os fungos, e 66 veces máis que os mamíferos.
Son insectos moi importantes para os ecosistemas onde habitan por ser grandes recicladores e rexeneradores do solo, e tamén fundamentais polinizadores.

Dípteros (Orde Diptera). Moscas, mosquitos e tabáns

Mosca díptero


Sofren metamorfoses. Os adultos aliméntanse de líquidos (néctar, sangue…) polo que teñen un aparello bucal lambedor-chupador. As súas ás posteriores son unhas estruturas coñecidas como balancíns. As ás anteriores son membranosas e bátenas para voar, mentres que os balancíns permítenlles manter o equilibrio e controlar o voo.
A pesar de que non son moi populares, algúns, como as moscas, son importantes polinizadores e recicladores de materia morta.

Himenópteros (orde Hymenoptera). Formigas, avespas, abellas, abellóns e sinfitos (un tipo de mosca da madeira)

Abella himenóptero flor rosa


Moitas especies son sociais e organízanse en castes. Outras son solitarias e, con frecuencia parasitos doutros insectos (algunhas especies de avespas).
O primeiro segmento do abdome atópase unido ao tórax. En canto ao seu aparello bucal, é mastigador en depredadores, como as avespas, ou lambedor-chupador naqueles que se alimentan de néctar, como os distintos tipos de abellas.

Ortópteros (orde Orthoptera). Saltóns e grilos

Saltón ortóptero na herba


Aínda que se atopan en case todo o mundo, gozan das zonas e tempadas cálidas. Nelas, tanto as crías como os adultos aliméntanse de plantas. Son animais ametábolos que non sofren metamorfoses aínda que si mudas.
Podemos diferenciar facilmente este tipo de animais porque as súas ás anteriores están parcialmente endurecidas e as súas patas posteriores son grandes e fortes, perfectamente adaptadas para saltar. Normalmente, presentan cores verdes ou marróns que lles axudan a camuflarse no medio que os rodea e esconderse da gran cantidade de depredadores que lles axexan.

Mantodea (mantis)

Mantis nunha rama


Son animais perfectamente adaptados á depredación, coas súas patas anteriores serradas poden cazar todo tipo de insectos que se poñan ao seu alcance, mesmo réptiles ou anfibios. Ademais, presentan unha gran capacidade para mimetizarse coa contorna que lles rodea. Adoita medir entre 6-7cm pero algunhas poden chegar aos 15cm.
A súa figura estilizada e os seus movementos case hipnóticos, convértena nunha figura moi misteriosa en varias culturas. En China é un símbolo de boa sorte e protección e o seu meticuloso e calculado comportamento asóciase coa sabedoría e o discernimento.

Trichoptera (friganos, emparentados con bolboretas e avelaíñas)

Trichoptera frígano


É un grupo moi descoñecido, aínda que inclúe entre 7.000 e 15.000 especies segundo as fontes. Presentan metamorfose completa. Posúen ás membranosas e as súas patas son moi longas, como as dun mosquito. As súas larvas son acuáticas e destacan pola construción de “estoxos” de seda en forma de tubo, ao que adhiren grans de area e restos vexetais para camuflarse.
Os adultos son voadores, teñen un par de ás cubertas de pelos que, en posición de repouso, pregan sobre o corpo en forma de tellado.

Isópteros (Orden Isoptera) Termitas

Termites


Normalmente, estes tipos de insectos aliméntanse de madeira, aínda que poden comer outras substancias vexetais. Habitan en grandes termiteiros que constrúen na madeira ou no chan e presentan os sistemas de castes máis complexos que se coñecen.
Todos teñen antenas grandes, patas locomotoras e un abdome segmentado en 11 partes.

Hemipteros (orde Hemiptera). Chinches, pulgóns, cochinillas e cigarras, insectos acuáticos, carrachas, piollos pato

Chinche hemiptero verde


As ás das chinches son duras na base e membranosas. A maioría posúen antenas ben desenvolvidas e un aparello bucal picador-chupador.

outras ordes que podemos destacar

clasificación dos insectos


Dermaptera (forcadelas). Insectos que viven en zonas húmidas e presentan uns apéndices (cercos) a modo de pinza ao final do abdome.
Zygentoma (peixiños de prata). Son insectos ápteros, aplanados e alongados que foxen da luz e a secura. Coñécense como “bichiños da humidade”.
Blattodea (cascudas). Son insectos con antenas longas e ás parcialmente endurecidas que están mellor desenvolvidas nos machos. Ambos teñen cercos no final do abdome.
Phthiraptera (piollos). Todos son parasitos externos hematófagos.
Neuroptera (formigas león, crisopas). Presentan ás membranosas e a maioría son depredadores.
Shiphonaptera (pulgas). Parasitos externos hematófagos. O seu aparello bucal é picador-chupador e as súas patas posteriores están moi desenvolvidas para o salto.

Scroll ao inicio
Logo Fauna Aérea de Santiago
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecercge a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.