colonias de morcegos

colonias de morcegos

murcielago-fondo-azul

en galicia

En Galicia existen colonias duns 900 individuos; e no Bierzo, preto do límite coa nosa comunidade, coñécese unha colonia de 3.000 morcegos. O canón do río Navia é unha das zonas de Galicia con maior diversidade de especies: unha ducia, case o 50% das 25 que se estiman en todo o noso territorio, e todas insectívoras. Os ríos son grandes corredores para os morcegos xa que están libres de obstáculos, e neles abundan a comida e os refuxios.

murciélago fondo verde

localización

Algunhas colonias adoitan instalarse próximas aos humanos, en faiados, muros de pedra, tellados… onde descansan polo día. Outras precisan cavidades de maior tamaño para se refuxiar, polo que recorren a grandes covas ou antigas minas, nas que podemos atopar por exemplo o morcego das covas (Miniopterus schreibersii), especie relativamente escasa en Galicia. No río Navia está presente o morcego rabudo (Tadarida teniotis), único membro da familia dos molósidos presente no noso país. Como indica o seu nome, ten o rabo longo e libre, pois non está rodeado pola membrana alar que presentan os morcegos nas súas patas traseiras, e que engloba completamente o rabo na maioría das especies de Galicia.

murcielago-colores

en santiago

Na comarca de Santiago observáronse 9 especies de morcegos, aínda que no Mapa de Morcegos de Galicia, a zona norte de Compostela, bañada polo Tambre, non foi aínda explorada. Este mapa, coas súas observacións, depende do concurso de voluntarios para cubrir todo o territorio de Galicia e quedan zonas sen prospectar, e isto como se fai?. Buscando e localizando refuxios, e mediante o estudo acústico dos sons que emiten (ecolocalización)

Deste xeito, observáronse as seguintes especies en Santiago e concellos limítrofes, posiblemente existan máis especies dado que é unha zona pouco explorada:

Murciélago enano o común

Morcego anano común
(Pipistrellus pipistrellus)

De pequeno tamaño (pesa ao redor de 5 gramos) é o máis estendido en Galicia. Adoita ser o que vemos voar ao redor dos farois.

Murciélago ratonero grande

Morcego rateiro grande
(Myotis myotis)

De gran tamaño, pesa ao redor de 28-29 gramos. Está confirmada a súa presenza en Santiago, aínda que é unha especie rara para esta contorna.

Murciélago de herradura pequeña

Morcego de ferradura pequeno
(Rhinolophus hipposideros)

Cun peso duns 6 gramos.

Murciélago ratonero gris ibérico

Morcego rateiro gris (Myotis scalerai)

Duns 6-7 gramos.

Murciélago orejudo dorado

Morcego orelludo dourado
(Plecotus auritus)

Duns 9 gramos.

Murciélago de herradura grande

Morcego de ferradura grande
(Rhinolophus ferrumequinum)

Cun peso que rolda os 19 gramos.

Morcego hortelán / Morcego das hortas

Murciélago hortelano (Eptesicus serotinus)

De aproximadamente 22 gramos de peso.

colonias de morcegos murciélago de bosque

Morcego de bosque (Barbastella barbastellus)

Con ao redor de 9 gramos

colonias de morcegos murcielago ribereño

Morcego ribeireño
(Myotis daubentonii)

Duns 7 gramos.

Scroll ao inicio
Logo Fauna Aérea de Santiago
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecercge a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.