perda de hábitat
INTENSIFICACIÓN DO USO DA TERRA E FRAGMENTACIÓN DA PAISAXE
Estes factores reducen drásticamente a dispoñibilidade de lugares de alimentación, reprodución, refuxio e invernada, limitan a súa capacidade de adaptación e levan á perda de diversidade biolóxica. Os ecosistemas degradados pola actividade humana son máis susceptíbeis ós efectos do cambio climático, á exposición aos agrotóxicos, afectando negativamente á saúde e ó comportamento da fauna aérea e alterando as etapas de reproducción e migración.
A urbanización, a expansión da agricultura e da industria, a deforestación, e a repoboación forestal con especies de crecemento rápido, son factores que contribúen á perda e fragmentación dos hábitats naturais. Estes procesos deixan ás poboacións de aves, insectos e morcegos confinados en espacios reducidos, aumentando a súa vulnerabilidade á extinción local.

En Galicia, a masa forestal do eucalipto acada un 33% do total fronte ó 6% da media da U.E.
Son especialmente vulnerables as especies especializadas que dependen de hábitats específicos, como os morcegos, para cuxa supervivencia son fundamentais masas de bosque caducifolio e árbore vella; ou como os paxaros carpinteiros, que aniñan en árbores mortas; e tamén as bolboretas, que se alimentan de plantas hóspede particulares.

A presenza de barreiras físicas supón un grande risco para as aves e os morcegos, provocando millóns de mortes e de lesións por colisión. Exemplo endémico en Galicia son os aeroxeradores, onde entre un e dous millóns de aves e morcegos morren cada ano. Outra construción conflitiva que require atención son os aeroportos, que afectan principalmente a aves como gaivotas, choias, estorniños, pombas e miñatos.
A expansión de estradas, edificios e outras infraestruturas, interrompe os corredores naturais de migración e dispersión de aves e insectos. Ademais, co seu illamento, redúcese a diversidade xenética e aumenta a vulnerabilidade á depredación e o estrés ambiental.
