BOAS PRÁCTICAS PARA A OBSERVACIÓN DA FAUNA AÉREA
O benestar da fauna aérea é o primeiro: debemos seguir o principio de prudencia e desistir da observación se vemos que a nosa presenza molesta.
Protexer os hábitats tamén é o primeiro, polo que aconsellamos unha serie de boas prácticas:
- Non deixar lixo nin desperdicios de alimentos.
- Non danar, coller ou alterar a flora ou calquera elemento da contorna.
- Evitar transitar fóra das sendas, camiños e vías de paso.
- Non facer ruído excesivo, non falar a berros que poden causar molestias á fauna e a outras persoas que están facendo observacións.
- Non matar bichos: respectar a vida dos insectos, e demais fauna aérea e non aérea, é un principio básico de persoas civilizadas e respectuosas co medio ambiente.
- Non alterar o comportamento das aves é imprescindible en todo momento, pero especialmente na época de cría e en inverno, cando máis necesitan aforrar enerxía.
- Respectar os dereitos das persoas propietarias dos predios e doutras persoas. Non acceder a predios privados sen permiso. Respectar a actividade doutras persoas e a actividade agrícola e gandeira da zona.
- Manterse a distancia de niños, colonias de cría e durmidoiros. No caso de acercarse inadvertidamente, retirarse de inmediato.
- Evitar o uso de reclamos ou gravacións para atraer ás aves, sobre todo en época de celo, xa que o gasto de enerxía e a exposición a depredadores pode ser fatal.
- Utilizar instrumentos de óptica adecuados para a observación a distancia e roupas de cores discretas para minimizar o impacto visual.
- Recoméndase iniciarse na observación con guías especializadas para aproveitar mellor a experiencia e evitar impactos por descoñecemento.
- Utilizar os observatorios e outros espazos habilitados para avistamento de aves.
- Respectar a normativa sobre protección do medio natural e informar de impactos.
- No caso de que te acompañen as túas mascotas, evita que molesten á fauna silvestre.
Estas normas deben ser coñecidas e respectadas por toda persoa que realiza actividades de lecer no medio natural. No caso de presenciar comportamentos inadecuados ou atopar animais feridos, envelenados ou mortos, chamar a:
