FAUNA AÉREA DE SANTIAGO
É unha web sobre todo o que vive ou se move no aire. Pero, sobre todo, Fauna aérea é unha web para afeccionar.
Segundo a Real Academia da Lingua Española, afeccionar é inclinar, inducir a alguén a que guste dalgunha cousa. Gustar de algo. Prendarse ou namorarse de algo. Ese algo do que queremos que te namores é a observación de aves, insectos e morcegos. Non incluímos a observación do aeroplancto porque este é invisible… case sempre, aínda que excepcionalmente pode verse como descubrirás se accedes aos nosos contidos.
Que podes atopar na Fauna Aérea de Santiago? Información sobre a atmosfera e as formas de vida que se moven ou viven nela. Queremos que coñezas e te namores desta fauna, pero sobre todo que a valores. Se o conseguimos, ofrecemos a particulares e a institucións públicas e privadas, recursos e ideas para protexela e coidala. Sabemos por experiencia, que se te animas a observar fauna aérea a túa vida xa non será igual. Como os insectos, vivirás unha metamorfose.
Aquí atoparás consellos para sacar o máximo proveito da experiencia e para que o fagas con total respecto e coidado.







