Morcego rateiro gris / Morcego de orellas de rato

Morcego rateiro gris / Morcego de orellas de rato

Nome Común: Morcego rateiro gris / Morcego de orellas de rato

Nome Científico: myotis escalerai

Familia: Vespertilionidae

Ligazón: https://secem.es/sites/default/files/mamiferos/myotis-escalerai/files/30:31%20Myotis%20crypticus%20:%20M.%20escalerai.pdf

Presenza: Esta especie pode atoparse en gran diversidade de hábitats, desde áreas áridas a baixa cota ou matogueiras, ata zonas montañas e boscosas. Pode formar colonias nun amplo gradiente altitudinal, entre o nivel do mar, ata 1400 m. É unha especie común en covas e minas, altamente cavernícola.

Descrición: Morcego pequeno, é unha especie exclusiva da Península Ibérica. Envergadura: 275mm / Altura: 46mm Peso medio: ♂ 5,1gr / ♀ 6,4gr Non hai moita información sobre a bioloxía reprodutiva desta especie. Aínda así, sábese que as colonias de maternidade poden chegar a ser de ata 800 femias con crías. As femias adoitan ter unha cría por ano en maio e os xuvenís son independentes a mediados de verán. Esta especie non se considera migradora. Crese que a dieta esta composta por insectos como escaravellos, orugas, bolboretas nocturnas, arañas e outros artrópodos.

Scroll ao inicio
Logo Fauna Aérea de Santiago
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecercge a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.