
Nome Común: Morcego rateiro grande
Nome Científico: myotis myotis
Familia: Vespertilionidae
Presenza: Prefire bosques maduros abertos e pasteiros arborados. Busca refuxios en cavidades subterráneas, faiados, alpendres e sobrados. No noso territorio aparecen pequenas poboacións illadas moi localizadas na provincia de Ourense no seu extremo occidental e unha residual no sur da provincia da Coruña.
Descrición: É o máis grande dos morcegos do seu grupo xenérico de Europa. As femias son algo maiores que os machos. Tamaño medio: Envergadura: 400mm / Altura: 75mm Peso medio: ♂ 28,5gr / ♀ 35gr Pelo curto e denso, de base escura, con dorso castaño ou pardo agrisado e ventre case branco. Pel arroibada. Fociño ancho e con avultamentos glandulares. Orellas grandes, arredondadas, con 9 ou 10 pregamentos horizontais. O trago é longo e delgado. As femias alcanzan a súa madurez sexual aos dous anos. Forman parideiras, colonias que poden reunir milleiros de femias, a finais de marzo, con partos dunha soa cría entre abril e xuño. En sete ou oito semanas os novos xa voan fóra do refuxio, e son independentes a mediados de agosto. Dieta baseada en insectos non voadores, que caza con voo lento a 30-70 cm sobre solos nus ou pasteiros curtos, evitando herbais densos. Tras localizar a presa, captúraa coa boca, sen pousarse. Unha das principais ameazas son o tratamento da madeira dos faiados nas poboacións do norte de España polas molestias e a toxicidade dos organoclorados habitualmente empregados. E en perigro, polo crecente turismo de aventura, actos vandálicos, peches inapropiados etc.