Morcego de Daubenton / Morcego do río / Morcego das ribeiras

Morcego de Daubenton / Morcego do río / Morcego das ribeiras

Nome Común: Morcego de Daubenton / Morcego do río / Morcego das ribeiras

Nome Científico: myotis daubentonii

Familia: Vespertilionidae

Ligazón: https://www.miteco.gob.es/content/dam/miteco/es/biodiversidad/temas/inventarios-nacionales/ieet_mami_myotis_daubentonii_tcm30-99844.pdf

Presenza: Presenza está ligada a masas, bosques, parques e lugares preto da auga, onde caza. Utiliza como refuxios ocos de árbores, faiados, túneles, pontes, fisuras de paredes ou niños artificiais.

Descrición: Morcego de tamaño mediano. Tamaño medio: Envergadura: 255mm / Altura: 40mm Peso medio: ♂ 6,6 / ♀ 8 Presenta o corpo cuberto por pelo de cor gris ou marrón na zona dorsal, máis claro na parte ventral. A membrana alar é de cor gris ou marrón máis escuro. Os xuvenís teñen unha cor máis escura que os adultos. Ten orellas curtas e triangulares, cun grolo puntiagudo e máis claro con punta negra. Colonias de cría en buracos de árbores ou caixas refuxio a finais de primavera, formadas por decenas a centenares de femias con crías. As femias paren a mediados de xuño e xullo. Os xuvenís voan ás 3 ou 4 semanas de nacer. Non é unha especie migradora, pero realiza movementos de media distancia entre refuxios de cría e hibernación. Hiberna en covas ou minas. Caza sobre láminas de auga, dieta baseada en dípteros, tamén consome himenópteros, hemípteros e lepidópteros.

Scroll ao inicio
Logo Fauna Aérea de Santiago
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecercge a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.