BOAS PRÁCTICAS PARA A OBSERVACIÓN DA FAUNA AÉREA

O benestar da fauna aérea é o primeiro: debemos seguir o principio de prudencia e desistir da observación se vemos que a nosa presenza molesta.

Protexer os hábitats tamén é o primeiro, polo que aconsellamos unha serie de boas prácticas:

  • Non deixar lixo nin desperdicios de alimentos.
  • Non danar, coller ou alterar a flora ou calquera elemento da contorna.
  • Evitar transitar fóra das sendas, camiños e vías de paso.
  • Non facer ruído excesivo, non falar a berros que poden causar molestias á fauna e a outras persoas que están facendo observacións.
  • Non matar bichos: respectar a vida dos insectos, e demais fauna aérea e non aérea, é un principio básico de persoas civilizadas e respectuosas co medio ambiente.
  • Non alterar o comportamento das aves é imprescindible en todo momento, pero especialmente na época de cría e en inverno, cando máis necesitan aforrar enerxía.
  • Respectar os dereitos das persoas propietarias dos predios e doutras persoas. Non acceder a predios privados sen permiso. Respectar a actividade doutras persoas e a actividade agrícola e gandeira da zona.
  • Manterse a distancia de niños, colonias de cría e durmidoiros. No caso de acercarse inadvertidamente, retirarse de inmediato.
  • Evitar o uso de reclamos ou gravacións para atraer ás aves, sobre todo en época de celo, xa que o gasto de enerxía e a exposición a depredadores pode ser fatal.
  • Utilizar instrumentos de óptica adecuados para a observación a distancia e roupas de cores discretas para minimizar o impacto visual.
  • Recoméndase iniciarse na observación con guías especializadas para aproveitar mellor a experiencia e evitar impactos por descoñecemento.
  • Utilizar os observatorios e outros espazos habilitados para avistamento de aves.
  • Respectar a normativa sobre protección do medio natural e informar de impactos.
  • No caso de que te acompañen as túas mascotas, evita que molesten á fauna silvestre.

Estas normas deben ser coñecidas e respectadas por toda persoa que realiza actividades de lecer no medio natural. No caso de presenciar comportamentos inadecuados ou atopar animais feridos, envelenados ou mortos, chamar a:

Comportamentos inadecuados: SEPRONA

981 581 611

Animais feridos: Centro de Recuperación de Fauna – CRF de Santa Cruz de Oleiros (A Coruña)

881 960 405 / 686 597 745

Animais mortos ou aparentemente envelenados:

900 713 182

Infografía sobre boas prácticas: que facer se atopas unha ave ferida
Scroll ao inicio
Logo Fauna Aérea de Santiago
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecercge a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.