reproduCIÓN DOS MORCEGOS

reprodución

murciélago-fondo-rosa

apareamento

Ao longo da súa vida experimentan tempadas de apareamento, é dicir, períodos de celo. Isto significa que non se reproducen durante todo o ano, senón que os procesos naturais do seu corpo estimúlanos para ter descendencia nun momento determinado.

murciélago fondo verde

reprodución estacional

Consiste na coordinación da reprodución coa mellor estación para ter ás crías; isto é, facer unha previsión para que cando nazan poidan obter o alimento, e as condicións necesarias para o seu desenvolvemento óptimo.

murcielago-fondo-azul

POLÍGAMOS E MONÓGAMOS

Moitas especies de rexións cun clima tépedo, aparéanse no outono ou no inverno, antes de comezar a hibernar. Regularmente presentan un sistema de apareamento polígamo, polo que durante toda a súa vida teñen cópula con varios individuos (algunhas especies son monógamas).

murcielago-fondo-naranja

FECUNDACIÓN

Adoitan ter unha cría por ano, e en ocasións, fan uso dalgúns mecanismos para permitir a supervivencia das crías. Un deles é outro súper poder das femias: o atraso da ovulación. Antes do período de hibernación e despois da cópula, o esperma é almacenado pola femia no útero e oviduto, para que a fecundación non ocorra senón ata despois de hibernar. Noutras palabras, o espermatozoide non se une co óvulo durante o tempo en que o morcego femia dorme, o que pode durar varias semanas ou meses. A fecundación ocorre entre 1 e 3 días despois de que a femia esperta, e é entón cando queda preñada. Noutros casos, a implantación no útero do óvulo fertilizado non se produce ata que o período de hibernación remata, a pesar de que a fertilización xa fose un feito. As femias teñen a facultade de almacenar o seme do macho durante o período de apareamento, e fecundar o óvulo durante o tempo de hibernación.

Reprodución, morcego nun valo de madeira
murcielago-colores

EMBARAZO

Aínda que moitos morcegos só teñen un embarazo ao ano, certas especies poden ter dúas. A xestación dos morcegos dura entre 40 días e 6-7 meses, segundo a especie; e nalgúns casos pode ser de ata 9-10 meses. Na maioría dos casos as femias só teñen unha cría e de cando en cando dúas, que nacen de tal modo que a nai, colocada boca abaixo, ten que amarralos coas ás para evitar que caian.

murciélago-fondo-rosa

MADUREZ SEXUAL

Polo xeral, os membros da suborde Microchiroptera independízanse entre as 6 e as 8 semanas de idade; en tanto os da suborde Megachiroptera fano ao redor dos 4 meses. A madurez sexual é variable; nalgunhas especies ocorre no primeiro ano de vida, mentres noutras, as femias comezan a reproducirse ao redor dos 5 anos de idade. En termos xerais, unha gran proporción de individuos de varias especies madura entre o primeiro e segundo ano.

murcielago-fondo-azul

LACTACIÓN

Moitas femias forman colonias de cría en covas ou refuxios de ambiente cálido. Transcorren entre 2 e 6 meses nos que a nai prové leite materno como alimento ata que a cría comeza a engadir carne ou materia vexetal á súa dieta. Desde logo, ten que permanecer á beira da nai, debido a que é ela quen lle amosa as ferramentas para vivir: como voar ou como cazar, entre outras. Transpórtase nas costas da súa nai, suxeitado coas fortes garras.

murciélago fondo verde

CRIANZA

Aínda que a femia é a principal ou única responsábel da crianza dos morcegos, as especies que forman grupos máis pequenos, poden facer partícipes a ambos proxenitores. Observouse nalgunhas especies que algunhas femias (entre 2 e 10) quedan no refuxio para coidar dos bebés, coma se fosen garderías; ou ben que a nai que perdeu ás súas crías, axuda a alimentar e coidar crías doutras femias da colonia.

Scroll ao inicio
Logo Fauna Aérea de Santiago
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecercge a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.