ciencia cidadá

Morcegos de GaliciaNo 2024 queren centrar o traballo de ciencia cidadá nas ribeiras fluviais, hábitats de gran importancia para os morcegos. A abundancia de alimento, as condicións climáticas e a habitual cobertura forestal fan destas zonas prioritarias de alimentación e establecemento de colonias de cría, así como rutas de desprazamento habitual. Para participar enviar correo a info@morcegosdegalicia.org.
SEO/BirdLifeSe gozas saíndo ao campo e paxarear, os teus avistamentos poden contribuír a xerar ciencia que axude á conservación das aves e dos seus hábitats. As investigacións xurdidas das contribucións de centos ou miles de voluntarios ten un nome: ciencia cidadá. Non é necesario ser un experto ornitólogo para comezar. Participa e colabora coa ciencia cidadá.
Recetamos NaturalezaProxecto con pacientes do Centro de Día da Unidade de Psiquiatría do Hospital Puerta de Hierro de Madrid, consistente no desenvolvemento de diferentes actividades en contacto directo coa natureza e avaliación dos efectos que teñan neles. A intención é expandir este proxecto a máis lugares.
Grupo Naturalista HábitatDentro do esquema do Grupo Naturalista Hábitat, unha das seccións máis activas son os grupos de traballo, formados por colaboradores e voluntarios que realizan traballos de estudo de campo para proxectos específicos. Actualmente, están activos cinco grupos de traballo: anelamento de aves, rapaces nocturnas (proxecto Moucho), Píllara das dunas, Vacaloura e colaboradores do grupo.
Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO)Nesta ligazón anuncian actividades nas que poden participar as persoas interesadas.
Mosquito Alert
A información que envía a cidadanía coa app Mosquito Alert é chave para xerar un sistema de alerta participativo, que permita mellorar a xestión desta especie, e minimizar o risco de transmisión de enfermidades. En Mosquito Alert involucramos a cidadanía nun proxecto de investigación, considerando o impacto en políticas públicas, social e educacional para loitar contra os mosquitos transmisores de enfermidades.
Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT)Se queres participar na custodia do territorio, son moitas as cousas que se poden facer para conservar ou restaurar os valores naturais, incrementar a súa diversidade biolóxica ou favorecer o seu uso sostible. Se queres, podemos facelo xuntos. Contacta connosco. Asociación Galega de Custodia do Territorio custodiadoterritorio@gmail.com.
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)Proxecto de custodia de territorio, cunha estratexia que ten como obxectivo a conservación do patrimonio natural, cultural e paisaxístico dun territorio concreto. O cidadán pode participar voluntariamente mediante acordos verbais ou escritos, entre propietarios de leiras e entidades de custodia, que establecen un pacto para xestionar a parcela custodiada.
Fundación Fragas do MandeoMáis de cen persoas participan cada ano nas nosas xornadas de voluntariado: eliminan os eucaliptos nos montes que custodiamos, plantan árbores autóctonas, eliminan especies exóticas invasoras, recollen lixo e miran de favorecer en todo o posible a biodiversidade local. Se queres unirte a eles, ponte en contacto connosco e avisarémosche cada vez que programemos unha xornada de traballo.
Anelamento científico de SEO/BirdLifeFacilitar a visualización, a través de táboas, gráficas e mapas, da información dispoñible no banco de datos de anelamentos e recuperación de aves marcadas con argolas, de remite ICONA-Ministerio de Medio Ambiente. Tamén permite obter información de aves aneladas con outros remites e recuperadas en España, a través do envío de citas.
Abejas SilvestresAsociación sen ánimo de lucro para conservar e protexer as máis de 1000 especies de abellas silvestres da Península Ibérica.
Scroll ao inicio
Logo Fauna Aérea de Santiago
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecercge a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.