Si eres unha persoa inexperta na observación da fauna aérea non te angusties. Ofrecémosche algunhas ferramentas sinxelas coas que poderás iniciarte neste mundo cativador que tantos beneficios achega; poderás observar a fauna aérea case en calquera lugar e verás como, aos poucos, aprenderás e descubrirás que hai moito máis do que imaxinas. A medida que practicas a observación, os teus sentidos, sobre todo, vista e oído, iranse afinando e pronto notarás como avanzas. Recomendámosche as seguintes aplicacións para recoñecer os cantos das aves:
BirdNET
Aplicación para a identificación dos cantos das aves. O seu uso é moi sinxelo: empezas
a gravar, unha pantalla indica o que se rexistra, o seguinte paso é seleccionar o rango que
corresponde ós trinos da ave que queres identificar, a aplicación amosa a opción de
“identificar” e, dependendo da calidade da gravación, dará diferentes resultados como “seguro”,
“probable”, “moi probable” ou “non se recoñece”. Outra ventaxa é cos rangos seleccionados quedan
gravados ca ubicación, constituindo unha especie de rexistro, polo que podes volver a escoitalos
para recoñecer os cantos e as especies. Cando usas esta app tamén contribúes ó desenrolo da
ciencia cidadá porque podes enviar as gravacións as súas bases de datos e servirán para realizar
estudos científicos a nivel mundial
Merlin
Ademais dos cantos permite identificar as aves mediante fotos, mapas rexionais ou
respostando a preguntas sobre a observación. Cando usas Merlin contribúes ó desenrolo da
ciencia cidadá porque podes enviar as gravacións a súas bases de datos e servirán para realizar
estudos científicos a nivel mundial
Aves de España
Aplicación de SeoBirdLife. Moi completa, comeza cun buscador de aves.
Seleccionada unha, ofrece un menú con información da especie (inclúe gravacións de cantos, nomes
en español, galego, éuscaro e catalán), se é residente ou non, meses nos que se pode ver, a súa
distribución en España, como viven, ameazas que enfrontan e que outras especies son similares. Está
moi ben ilustrada con fotografías, debuxos e vídeos
PictureBird-Bird Identifier
Esta aplicación permite a identificación de aves a través de fotos ou de gravacións
do seu canto
iNaturalist
Sitio web para profesionais que funciona como unha rede social de observación da natureza. Permite
rexistrar e identificar mediante imaxes calquera tipo de ser vivo (animais, plantas) podendo
consultar facilmente as especies autóctonas dunha zona
Seek
Sitio web para persoas afecionadas que funciona como unha rede social de observación da natureza. Permite
rexistrar e identificar mediante imaxes calquera tipo de ser vivo (animais, plantas) podendo
consultar facilmente as especies autóctonas dunha zona
Picture Insect
Aplicación para móbiles de gran precisión para identificar insectos mediante imaxe
Echo Meter Touch Bat Detector
Con esta aplicación e o uso duns módulos enchufables Echo Meter Touch, é posible
gravar, escoitar e identificar morcegos