Morcego hortelán / Morcego das hortas

Morcego hortelán / Morcego das hortas

Nome Común: Morcego hortelán / Morcego das hortas

Nome Científico: eptesicus serotinus

Familia: Vespertilionidae

Ligazón: https://www.miteco.gob.es/content/dam/miteco/es/biodiversidad/temas/inventarios-nacionales/ieet_mami_eptesicus_serotinus_tcm30-99802.pdf

Presenza: Utilizan como refuxios naturais as fisuras en rocas e en moita menor proporción ocos de árbores. Adaptáronse perfectamente ás físgoas que existen en todo tipo de construcións humanas de maneira que na actualidade a maior parte dos refuxios coñecidos atópanse en xuntas de dilatación, caixas de persianas, e calquera outro espazo similar.

Descrición: Morcego de pequeno tamaño. Tamaño medio: Envergadura: 370mm / Altura: 72mm. Peso medio: ♂ 20gr /♀ 24gr. O dorso é de cor parda avermellada a anegrazada e o ventre gris prateado con reflexos acastañados, o que lle dá un aspecto branco sucio. O fociño é de cor marrón avermellada e as orellas e as membranas alares son de cor marrón agrisada escura. As orellas, relativamente curtas, apenas chegan ao extremo do fociño se pregan cara a diante. Xuvenís de cor gris escura e cunha mancha negra no labio inferior. Reprodución: Un estudo descobre que os machos desta especie teñen un pene sete veces máis longo que a vaxina das femias, que utilizan para chegar ata a vulva e aparearse por contacto. Aquí é onde se revela o gran secreto da súa cópula: ocorre por contacto entre o órgano sexual masculino e o feminino, sen penetración. Este é un feito único entre os mamíferos, animais cuxa fertilización e xestación ocorren internamente. Durante o acto o macho e a femia atópanse en posición dorso-ventral. O macho morde as costas da femia á altura da caluga, probablemente para suxeitarse, e localiza a súa vulva na membrana da cola. O apareamento prodúcese nos meses de outubro e novembro; a ovulación e fecundación, na primavera. Paren unha soa cría ao ano, nos meses de xuño e xullo, cunha proporción de sexos de 1:1. As femias rematan de aleitar a finais de xullo, momento en que poden atoparse exemplares novos voando. Alimentación A súa dieta é moi variable e principalmente as súas zonas de caza son espazos abertos. Consome principalmente moscas e mosquitos, ou avelaíñas , ou tábanos, ou escaravellos, ou libélulas e os cabaliños do diaño, crisopas e formigas león, aínda que tamén incorporan á súa dieta algúns crustáceos acuáticos (cladóceros e ostrácodos), así como restos de peixes que aparecen frecuentemente nos seus excrementos.

Scroll ao inicio
Logo Fauna Aérea de Santiago
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecercge a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.