evolución dos insectos

Mosca Sobre unha Margarita representando a evolución dos insectos

OS INSECTOS, FUNDAMENTAIS PARA A VIDA

Os insectos están na base alimentaria de moitas especies de aves, mamíferos e peixes. Sen eles, o mundo sería unha esterqueira, xa que son os encargados de reciclar unha cantidade enorme de refugallos, desde madeira e follas mortas, ata excrementos ou cadáveres de animais.

Hai millóns de anos “inventaron” a polinización, asociándose coas plantas con flores para axudalas na reprodución cruzada, volvéndose así imprescindibles para o éxito da vida vexetal. De feito, a desaparición de polinizadores como as abellas, está a poñer en xaque a produción agraria e complicando nosa propia supervivencia.

A súa historia está marcada por tres períodos chave da historia evolutiva: o desenvolvemento das ás e o voo, a metamorfose, e a asociación das plantas e os insectos mediante a polinización.

Evolución. Os primeiros insectos


Os primeiros insectos na Terra orixináronse hai uns 480.000 de anos e parecíanse aos actuais peixiños de prata (Lepisma Saccharina) comúns nas vivendas, en zonas húmidas e escuras como os baños. As cascudas aparecen hai 400 millóns de anos e non precisaron cambiar demasiado de aspecto, xa que o seu deseño evolutivo é moi eficaz.

Uns 80 millóns de anos despois, os devanceiros dos insectos desenvolveron a habilidade de voar, e foron os primeiros animais en conseguilo, antes que os dinosauros, aves ou mamíferos (como o morcego). A orixe da aparición das ás nos insectos segue envolto no misterio, xa que parecen xurdidas da nada, ao contrario do que sucede con aves e morcegos. Os devanceiros das libélulas e as efémeras foron os primeiros que desenvolveron ás, que lles deron a posibilidade de voar longas distancias e permitíronlles: fuxir dos depredadores, ter vantaxe para a caza de presas e acceder a novas fontes de alimento. Isto converteu os insectos nun dos grupos máis exitosos da Terra.

Libélula campo verde

As libélulas aparecen moito antes que os dinosauros, hai máis ou menos 300 millóns de anos, e o seu aspecto era semellante ao das libélulas actuais, agás polo seu tamaño, cunha envergadura de 70 cm, similar ao dunha gaivota actual. Foron, desde logo, os insectos voadores máis grandes que xamais existiron. Na época en que estas libélulas xigantes conquistaban o ceo, no carbonífero, había tamén moscas enormes e escorpións e arañas descomunais. Neste período, húmido e caloroso, os bosques tropicais proliferaron inxectando enormes cantidades de osíxeno (un 30%, comparado co 21% actual) na atmosfera. Esta altísima porcentaxe de osíxeno facilitáballes aos insectos chegar a eses tamaños.

A desaparición desta megafauna insecta (50 millóns máis tarde da súa aparición) coincide coa aparición das aves, que leva aos insectos a evolucionar a corpos máis pequenos, para poder manobrar mellor e esquivar as famentas aves.

Scroll ao inicio
Logo Fauna Aérea de Santiago
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecercge a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.