Favorecer a súa supervivencia
A conservación da biodiversidade é unha responsabilidade que debe asumirse en cada territorio coidando da nosa contorna, e os concellos teñen competencias moi importantes que, executadas satisfactoriamente, suporían un gran avance na conservación da biodiversidade mundial. Entidades veciñais, asociacións e particulares temos a mesma responsabilidade. En calquera caso, é hora de actuar con determinación. A continuación, ofrecemos algunhas ideas para protexer a fauna aérea da nosa contorna.


