educación ambiental

promover ciencia cidadá

Procesos De Accion simbolizando la gestión en educación ambiental

A ciencia cidadá fai referencia á participación activa de persoas en xeral en actividades de investigación científica ou de protección e educación ambiental, mediante voluntariado. Ou simplemente o uso de determinadas aplicacións promovidas desde ámbitos académicos, ou organizacións sen ánimo de lucro. Un exemplo de ciencia cidadá pode ser o da rede de voluntarios que se encargan de estacións meteorolóxicas repartidas por todo o país, no proxecto Voluntarios para el clima, el tiempo y el agua. Este concepto de ciencia cidadá permite a multiplicación de accións e actividades que, de non ser así, limitarían moito o alcance das investigacións.

Outros exemplos de ciencia cidadá son BirdNET ou Merlin, apps de recoñecemento de cantos de aves, promovidas desde ámbitos académicos que usan millóns de persoas por todo o planeta, e que nutren enormes bases de datos de uso público, e ás que se pode acudir para realizar estudos científicos de calquera parte do mundo.

Desde que se lanzou, BirdNET acumula 150 millóns de gravacións de alta calidade. Outro exemplo deste tipo é a aplicación iNaturalist, que recolle datos fotográficos de fauna e flora.

En Galicia, Morcegos de Galicia vén de anunciar para 2024 un proxecto de ciencia cidadá nas ribeiras fluviais, ámbito de grande importancia para os morcegos, que consiste nun chamamento á participación cidadá para localizar construcións (como antigos muíños, fábricas de luz, antigos transformadores eléctricos) en bo estado, ligadas a cursos fluviais, que con pequenos arranxos e detalles ofrecen un gran potencial para albergar colonias de morcegos, e contribuír á conservación da poboacións de morcegos.

Como pode ser este caso, existen moitas opcións de participar na conservación da fauna aérea a través dun gran número de asociacións, que se dedican ao seu estudo e conservación. No apartado de recursos podes atopar algunhas delas e apuntarte para, por exemplo, axudar a anelar aves.

iniciativas de sensibilización

  • Realizar accións de sensibilización e educación ambiental na sociedade sobre os beneficios que os insectos proporcionan ao ser humano e ao medio ambiente, como a polinización.
  • Organizar visitas guiadas (en colaboración con centros sociais, entidades veciñais, centros educativos e outras entidades) para avistamento de aves, insectos e morcegos. Estas actividades permiten que as persoas participantes empaticen coa fauna aérea e se convertan en protectores decididos dela.
  • Celebrar un ‘Día Municipal da Fauna Aérea’ para reivindicar a súa importancia e interese para a vida e a saúde do planeta.
  • Instalar albergues ou hoteis para insectos (espazos con troncos, canas, pólas, vasoiras de breixo ou xesta, rochas, ladrillos etc.) e casas con niños artificiais para insectos, como as abellas silvestres, que utilizan unha diversidade de hábitats para aniñar (chan, cavidades, buracos de madeira, buracos en rocas, talos e canas de plantas, ocos en troncos), que poden ser naturais ou seminaturais.
  • Organizar obradoiros de construción de hoteis de insectos en centros sociais, educativos, entidades veciñais etc.
  • Promover no ámbito municipal os acordos de custodia para protexer as colonias de morcegos.
  • Deixar espazos libres, zonas sen cubrir de manta, cemento, baldosas ou céspede para facilitarlles a vida aos insectos que nidifican no chan. Promover plans de compostaxe para rexenerar o solo.
  • Prohibir o uso de trampas masivas: xeralistas e inespecíficas, de interceptación, que non discriminan (como as trampas Malaise), no caso de usarse mecanismos de captura de insectos con fins científicos ou de control de pragas como a velutina.
  • Fomentar a produción agroecolóxica e concienciar a cidadanía e as pequenas explotacións agrícolas ou gandeiras dos perigos do uso de produtos químicos que danan o medio ambiente e a fauna local. Abandonar o uso de herbicidas químicos, en especial produtos que conteñan glifosato.
  • Fomentar a redución e o uso sostible de biocidas, minimizar a súa utilización e abuso, evitando o uso indiscriminado, e adecuar a súa aplicación á fenoloxía das especies beneficiosas, como os polinizadores (nunca cando as flores están abertas). Os insectos están expostos de forma crónica a un cóctel de pesticidas que, en moitos casos acumúlanse en todos os niveis da contorna.
Hotel De Insectos En Santiago simbolizando la gestión en educación ambiental
Scroll ao inicio
Logo Fauna Aérea de Santiago
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecercge a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.