
Nome Común: Abellón terrestre
Nome Científico: Bombus Terrestris
Orden: Hymenópteros
Características: Ten o corpo negro con bandas amarelas. As súas patas presentan unha pilosidade arroxada. Diferénciase doutras especies de abellóns pola cor esbrancuxada do extremo do abdome. É un abellón grande. Os abellóns practican un sistema de polinización vibratoria ou polinización por zumbido que é a única forma de polinizar as flores de plantas, como por exemplo o tomate. As raíñas son as únicas que sobreviven ao inverno e logo buscan un novo lugar onde formar o niño,normalmente baixo terra.
Hábitat: Prados, buscando flores de corola curta, xa que posúen unha curta lingua. Os niños xeralmente están baixo terra.