
Nome Común: Abruñeira
Nome Científico: Thecla betulae
Orden: Lepidópteros
Características: É marrón escuro na parte superior das ás, e con colas laranxas. O reverso é laranxa brillante, con dúas bandas brancas. Soen habitar nas partes altas das árbores, das que os machos raramente descenden. Aliméntanse principalmente de rosada de mel, líquido que envolve as xementes dalgunhas plantas.
Hábitat: Pódese ver nas sebes, matogueiras e beiras dos bosques, pero a miúdo a súa presencia non é detectada porque pasa moito tempo nas partes altas das árbores.