
Nome Común: Acobreada escura
Nome Científico: Lycaena tityrus
Orden: Lepidópteros
Características: Son bolboretas diúrnas que se caracterizan polo seu pequeno tamaño. Presenta dimorfismo sexual bastante acusado, sobre todo en canto á tonalidade das súas ás anteriores. Adoitan ter dúas xeracións: abril-maio, agosto-setembro, pode haber unha terceira en zonas cálidas. Invernan na base das plantas das cales se alimentan. Os machos adoitan ser divisados vixiando as zonas nas cales hábitan, entre a vexetación, para expulsar da súa zona aos intrusos que ousen penetrarse.
Hábitat: Prados húmidos e clareiros dos bosques pouco áridos.