
Nome Común: Adipe
Nome Científico: Fabriciana adippe
Orden: Lepidópteros
Características: É de cor laranxa cun patrón de manchas negras no anverso e o seu reverso similar pero máis claro nas ás anteriores e coas máculas brancas e áreas averdadas preto da base nas posteriores. Unha xeración ao ano entre finais de maio e agosto. A eiruga aliméntase de plantas do xénero Viola.
Hábitat: Zonas abertas rodeadas de árbores, claros dos bosques, sendeiros.