
Nome Común: Vareixa azulada
Nome Científico: Calliphora vomitoria
Orden: Dípteros
Características: A súa forma é ancha e robusta de cor azul ou gris pálido e vellos dourados baixo a boca. Os adultos son tamén polinizadores de certas flores de forte cheiro. Aliméntase principalmente de carne en mal estado ou en descomposición pero poden alimentarse en exteriores do néctar das flores.
Hábitat: Os machos sobrevoan zonas con abundantes flores. As femias pódense ver en entornos domésticos para buscar substancias orgánicas podres para pór os seus ovos. Adoita atoparse en exteriores, nas flores e no material en descomposición, como pode ser carne, carriza, feces, desfeitos, lixo, etc.