
Nome Común: Morcego de ferradura pequeno
Nome Científico: rhinolophus hipposideros
Familia: Vespertilionidae
Presenza: Sente predilección polas covas e cavernas naturais, aínda que tamén pode utilizar edificacións e minas. É máis abundante en zonas con matogueiras asociadas a pequenas masas forestais, case sempre ligadas a cursos de auga. Case todas as poboacións están circunscritas ao suroeste da provincia de Ourense, zonas limítrofes da provincia da Coruña e algunhas poboacións residuais no sur da provincia da Coruña.
Descrición: É o máis pequeno do seu xénero. Tamaño medio: Envergadura: 220mm / Altura: 60mm Peso medio: ♂ 5,1gr / ♀ 6,4gr As femias adoitan ser maiores que os machos, e poden alcanzar unha envergadura de 220 mm coas ás abertas. O corpo, xunto coa cabeza, pode medir uns 60 mm. O pelo que envolve o corpo é de cor cinza tanto na zona dorsal como central, aínda que esta pode ser un pouco máis clara. Poden chegar a vivir máis de 21 anos.Ten orellas grandes e unha protuberancia nasal estreita en forma de ferradura de cabalo. O pataxio, a membrana que lle permite voar, está unida inferiormente ao nocello. A cor desta membrana e a das orellas é sempre máis escura que o pelo do dorso.Cando está en repouso ou en hibernación envólvese completamente no pataxio. Unha vez chegados á madurez sexual, os apareamentos suceden ao longo do outono e incluso en inverno. A xestación do novo individuo coincide co inicio da primavera e os nacementos teñen lugar nas primeiras semanas do verán. O desenvolvemento das crías é moi rápido, pois comezan a voar a partir dos 15-20 días de idade. Conforman colonias integradas na súa maioría por femias e algúns machos. As femias presentan dúas mamas pectorais coas que aleitan a súa cría mentres permanecen colgadas nos seus lugares de repouso. Cazan mediante ultrasóns mentres voan. As súas presas máis habituais son dípteros, neurópteros e lepidópteros.