Morcego orelludo dourado / Morcego orelludo setentrional

Morcego orelludo dourado / Morcego orelludo setentrional

Nome Común: Morcego orelludo dourado / Morcego orelludo setentrional

Nome Científico: Plecotus auritus

Familia: Vespertilionidae

Ligazón: https://www.miteco.gob.es/content/dam/miteco/es/biodiversidad/temas/inventarios-nacionales/ieet_mami_plecotus_auritus_tcm30-99865.pdf

Presenza: Na península ibérica localízase en enclaves montañosos. Durante o inverno é máis común en cavidades e túneles, mentres en época de actividade localízase en ocos de árbores, faiados ou cortellos. Utiliza habitualmente as caixas instaladas para favorecer o asentamento de aves e morcegos. As áreas de caza están preto dos refuxios, no interior dos bosques; aínda que tamén poden observarse en xardíns e parques. Distribuído por toda Galicia de forma xeral.

Descrición: Morcego de tamaño medio. Tamaño medio: Envergadura: 90mm / Altura: 45mm Peso medio: ♂ 6gr / ♀ 9gr. Conta con orellas membranosas, tres veces máis grandes que a súa cabeza, e cun peculiar pliegue. É pouco sociable; voa só ou en parella. Aliméntase pola noite, fundamentalmente de insectos, utilizando ecolocalización e a vista. Trátase dunha especie sedentaria que non se despraza grandes distancias entre os refuxios de cría e hibernación. As femias alcanzan a madurez sexual aos dous anos. Aparéanse durante outono, inverno, e mesmo primavera, iniciando a cría a comezos de maio. Aos 40 días, a cría inicia a súa independencia. Curuxas e gatos son os seus depredadores máis comúns.

Scroll ao inicio
Logo Fauna Aérea de Santiago
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecercge a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.