o colapso dos insectos

A taxa de extinción de insectos é 8 veces máis rápida que en mamíferos, aves e réptiles.

Actualmente os insectos representan máis da metade (55%) da biodiversidade coñecida, e o 85% da biodiversidade animal; 85 de cada 100 individuos do reino Animalia son insectos. Calcúlase que comprenden entre tres e trinta millóns de especies, das cales só se describiron un millón. Son os animais máis variados e abundantes, e resultan imprescindibles para o bo funcionamento dos ecosistemas: reciclan materia orgánica, polinizan as plantas e controlan as pragas.

Formiga sobre unha rama verde

Os insectos están en perigo pola acción humana. Segundo Edward O. Wilson (1926-2021), o biólogo máis destacado do mundo no seu tempo, e o maior experto en formigas, “os humanos somos unha anormalidade ambiental” polo efecto devastador sobre a diversidade de especies, e a taxa de extincións inducidas, que ademais estase a acelerar. Neste sentido, a peza clave da extinción é o impacto humano sobre o hábitat, que é devastador: perda de hábitats e fragmentación da paisaxe, contaminación luminosa e química (pesticidas, herbicidas…), cambio climático, etc.

Por exemplo, o aumento da agricultura intensiva e o pastoreo leva á eliminación de prados e matogueiras, que xunto co uso de maquinaria pesada, pesticidas e fertilizantes, son as principais causas da desaparición de saltóns e grilos, entre outros.

sabemos cantos insectos están extintos?

É difícil, pero segundo estudos e estimacións realizadas, ao ritmo a que están desaparecendo (2,5 da masa total de insectos por ano) en 100 anos poden desaparecer. As consecuencias serán devastadoras en todas as especies que se alimentan deles: aves, peixes, ras, réptiles e morcegos, entre outras. Sen esquecer que son responsables de polinizar o 75% das especies vexetais (un terzo da nosa dieta).

datos moi preocupantes: o silencioso colapso dos insectos

Fai corenta anos, camiñabas por un prado entre o canto dos grilos e a medida que andabas saltaban centos de saltóns. Ou facías unha viaxe en coche e os insectos que impactaban contra o parabrisas dificultaban seriamente a condución. Un estudo realizado en Gran Bretaña contabilizou as salpicaduras nas matrículas dos vehículos e atopou un descenso de case un 60% dos insectos voadores desde o 2004.

Abellón, un dos insectos en perigo

Os científicos cualificaron a caída, cifrada nun 34% por década, de “aterradora”. Pero outro estudo realizado en Dinamarca rexistrou unha caída maior, do 80% entre 1997 e 2017.Segundo outro estudo realizado nos Países Baixos rexistrouse un descenso do 76% dos insectos en reservas naturais de Alemaña entre 1989 e 2016, principalmente polo uso de agrotóxicos e outros pesticidas.

Especies altamente especializadas, como os abellóns, xa están en vías de extinción pola perda do 90% da súa poboación en EE.UU. O número de abellas remitiu un 40% a nivel mundial. E Europa perdeu entre un 30% e un 50% da súa poboación de bolboretas; outros estudios sinalan que aproximadamente tres cuartas partes destes lepidópteros están en declive en Cataluña, o que pode extrapolarse a calquera lugar da península.

Unha revisión científica global publicada en 2019 avisou de que a diminución xeral das poboacións de insectos ameaza con causar “un colapso catastrófico dos ecosistemas naturais”. En concreto, o dito análise atopou que o 40% das especies de insectos coñecidas está diminuíndo e un terzo está en perigo de extinción.
Cal é a receita para frear a extinción masiva dos insectos? Unha política agrícola amable e favorable aos bichos, redución drástica e urxente de praguicidas e menos monocultivos; así como máis flores e xardíns salvaxes en zonas urbanas. Así de fácil e así de difícil.

QUE PASARÍA SE DESAPARECESEN OS INSECTOS ?
Sequía
Scroll ao inicio
Logo Fauna Aérea de Santiago
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecercge a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.